sábado, 7 de abril de 2012

Cada-leito.


O lapis
Enmudeceu.

E o grafito
Desintegrou.

A fin de contas
O diamante
Non é máis que
Carbón.

Carbón puro.

E eu…
Queimeino.

Para verte arder
Entre as lapas.



Polas noites,
Acompáñanme os
Teus doces
                Alaridos.

De
Agonía.


E
Non
Quero
Pechar o caderno.

Non
Quero
Queimalo.



Alguén me dixo
Algunha vez
Que me corroe
( a piromanía)

Mais eu
Non quero oila.



                                    ( Á seguinte noite
                                    Morreu calcinada
                                    No seu

                                               Cada-leito)


Xeración espontánea.


Unha xeración espontánea
De corvos de ollos ensangrentados
Xorde a través dun Xéiser.

Formados a partir
De

carne
              Morta.
Carne
            Túa.

E eu,
Cun desaparafusador
Na man.

Mais non existe
Un parafuso.

Pechei o buraco
Cun candado
                       
                           Etéreo.

Non resistirá.

E os corvos
Acudirán a
Peteirarme as
Entrañas.

Roubándome anacos
Da miña integridade.

Arrincándome
A miña corporeidade.

Pecha os ollos
E berra
Para os teus adentros.

Mátaos dende
O seu corazón.

Rebéntallelos órganos
Con gas mostaza.


Reducidos outra
Vez a




Carne
Morta.


 
                

                           Carne
                           Podre.


viernes, 6 de abril de 2012

Das diversas casas, e as súas fachadas.


Sempre que paseo soa, ou acompañada, polo pobo, dou en matinar no mesmo.
Pregúntome o por que da localización das portas principias das casas.
Para min, o máis lóxico sería que estivesen situadas na parte traseira.
A razón, é moi sinxela:
Cando vas entrar nunha casa descoñecida, falo a través dunha fachada,
*(Fachada: Aspecto EXTERIOR dunha persoa, apariencia) sen saber o que che agarda.
Unha fachada escura, non che adianto un fogar tenebroso, nin unha branca, garante un fogar limpo e pulcro.

Un día, nun dos meus paseos nocturnos habituais, decateime dun feito radical.
Ía camiñando paseniño por un angosto pedregal, cando alcei a vista,  e caín na conta.

As partes traseiras das casas, son como pasos de transición, como un buraco aberto, dende o cal podes averiguar tódolos segredos, que, instintivamente se agochan trala fachada principal.


En tan só un ollar, a miña pregunta respostada, e a miña curiosidade, tapada.

Pero logo, nun postanexo, decateime dun detalle crucial.

Neses segundos, nos que permanecín alí, diante daquela casa, expectante, sentinme coma unha intrusa.

Sería unha intrusa, por non querer ter ideas preconcibidas?

Poida…que quizais fose así, e me estivese a inmiscuir na propia intimidade allea.
Pero…non aturo os prexuízos!
Non son quen de opinar sobre un fogar, baseándome na súa fachada.
Dame náuseas, prodúceme arcadas!
Contraponse aos meus principios. 

jueves, 5 de abril de 2012

Unha Carta Poética de Napalm para A Querida Claudia.


Boas señorita Claudia cor azul celeste, tan absurdas son estas verbas como a conciencia da que me xorden, tan absurda coma o mundo no que repousa dita conciencia, esperando saír do seu cárcere material e expectante a calquera futuro incerto máis aló desta incerta vida.

Remítome ao pronome persoal da segunda persoa do singular en forma de cortesía porque unha de dúas: ou vostede minte (ou no seu defecto, esaxera), ou vostede estame mandando morrer agora mesmo (ou no seu defecto, debería ter estado nun hospital fai un tempo). A falta de vida metafórica para un corpo empírico fai que a conciencia do devandito corpo pense que as palabras que escollín sexan as máis apropiadas para a ocasión, pois os devanditos corpo e conciencia son meus, é dicir, son de Ego, e Ego é Napalm Hart, como podería ser Joe Pontevedra ou un absurdo pseudónimo apropiado a cada situación dun Ego absoluto, pois os que lle nomeei a vostede son algo así como egos parciais (supoño, non estou moi seguro).

Tralas dificultades que ocasionan estas complexas descricións teño un poema para você:

Señorita Claudia
cor azul celeste,
desprendendo
o arrecendo
dunha rosa que
endexamais existiu,
porque non hai hoxe
nin mañán,
só un presente estado anímico
que se expresa en cores
como se expresa
o motor dun coche.

Só dúas persoas
e un saúdo
e un adeus.

miércoles, 4 de abril de 2012

Fenómenos Anti-Naturais.


Déixome levar
Polo Big Bang
Das túas concas
Ocas.

Ata un buraco
Negro baixo a
Séptima costela
Verdadeira.

E será cousa do
Efecto invernadoiro.

Pero o certo é
Que sinto como
               morro.

Mareo,
coas túas
Pernas sísmicas.

E, a piques
De afogar estou
No maremoto
Das túas bágoas
(ausentes).

Anegado,
O meu tórax.

Ósos,  húmidos
Dun maná, que
Nunca chegará.

Agora tremo
Pola saraiba
Da túa voz.

Ocúltome na
Invisibilidade das
Mantas invernais.

Agardando,
O estoupido
Dos meus dentes.



Que as ratas cheguen
a roer
         (e mastigar)
Anacos
do meu cerebelo
morto.

Suicidado
nun furacán
emocional.

Logo:
Pandemia.

Dor e luto
Cardiovascular.

Queixumes
Sobrenaturais.

Agonía
Psicosomática
En plural.


martes, 3 de abril de 2012

Hemorraxia interna-cerebral.


Morro, na
Anorexia do
Silencio.

Asqueado pola
Hipocresía das
Túas costelas.

Na oitava
Morro, e
Ao terceiro
Día
Resucito.

¿As outras
dúas?

I-ne-xis-ten-tes.

Son unha tribo
Asentada no
Val do teu
Esternón.

E con sixilo,
Agardo a
Estelar aparición:
O hipo
Coma sempre,
Hipocondríaco.

Pra
Asasinalo.
A
Sangue
Fría.

Cun
Golpe
Seco.

O preciso
Movemento  
Pra esnaquizarte
O
  Tórax.

E afogar
Nunha hemorraxia
Interna.


Cerebral.

                                                                               ( A negra plastilina,
                                                                               Testigo principal
                                                                               Do asesinato.

                                                                               Hora de la muerte:
                                                                               00.00.

                                                                              A morte do meu
                                                                              Corazón )